Calendario

banner-dalleavolta-470px
Ao longo dos vindeiros meses realizaremos unha serie de asembleas abertas onde analizaremos todas as propostas programática para mellorarmos no noso concello. É o momento, implícate!

ASEMBLEA ABERTA Pola democratización do Concello para rematar coa corrupción, enchufismo e caciquismo
Día: xoves 11 de decembro
Hora: 21.00 horas
Lugar: local do BNG da Estrada

ASEMBLEA ABERTA pola posta en valor do noso patrimonio cultural e natural, pola lingua, para acabar co desleixo, desprezo e ignorancia do propio.
Día: mércores 28 de xaneiro
Hora: 21.00 horas
Lugar: local do BNG da Estrada

ASEMBLEA ABERTA para por o concello como motor económico e de servizos públicos para mellorar a calidade de vida e frear o desemprego, as desigualdades e a privatización.
Aínda sen concretar.

ASEMBLEA ABERTA por un rural vivo, con propostas de desenvolvemento sustentábel e servizos para asentar a poboación no noso rico e amplo medio rural.
Aínda sen concretar.