O galego brilla pola súa ausencia no novo campo de fútbol


Deputación e concello xa non disimulan o desprezo do PP pola lingua galega

REPOR NUEVO CAMPO FUTBOL ESTADIO MUNICIPAL A ESTRADA

O BNG vén de denunciar que o novo campo de fútbol construído pola Deputación de Pontevedra e o concello incumpre a lei de normalización lingüística. O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, que “a rotulación das distintas dependencias do novo estadio están rotuladas en castelán, cando a administración galega ten a obriga de utilizar o galego, segundo a lei de normalización lingüística actualmente vixente”.

REPOR NUEVO CAMPO FUTBOL ESTADIO MUNICIPAL A ESTRADAEsta denuncia dos nacionalistas engádese á que fixeran hai uns días a respecto da sinalización vertical no Souto de Vea. Neste sentido, Xosé Magariños indicou que “a deputación e o concello, ambas institucións gobernadas polo Partido Popular, xa non disimulan o seu desprezo pola lingua galega, e están instalados na militancia anti-galega de Feijóo e compañía”. “Parece mentira que o secretario xeral de política lingüística sexa da Estrada”, ironizou o concelleiro nacionalista en referencia a Valentín García que ostenta este cargo na Xunta de Galiza do Partido Popular, “pero xa se sabe, na casa do ferreiro, culler de pau”.

O concelleiro do BNG, Xosé Magariños, explicou que “a administración pública galega ten a obriga de utilizar o noso idioma propio, promovendo o uso normal da lingua galega, oralmente e por escrito, nas súas relacións cos cidadáns, e o concello e a deputación estana incumprindo sistematicamente”. “Cumpran a lei de normalización lingüística”, espetou o concelleiro nacionalista, “non fagan máis grande o despropósito da construción deste campo de fútbol que non quere ninguén”.