Política lingüística na Estrada: na casa do ferreiro, coitelo de pau


O grupo municipal do BNG, instamos ao alcalde a rematar o proceso selectivo e cubrir a praza de normalizador/a lingüístico do concello da Estrada

inglishDesde que o titular da praza de normalizador lingüístico do concello, Valentín García, foi nomeado polo goberno do PP Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta, A Estrada carece de normalizador da nosa lingua. E a pesar de que o concello iniciou o ano pasado os trámites para cubrir temporalmente esa praza, a día de hoxe o noso concello sigue sen esta figura tan importante para a normalización do noso idioma.

As recentes denuncias que fixemos desde o BNG, proban que é moi necesario cubrir a praza de normalizador lingüístico, que o concello non ten unha estratexia para reverter a caída de falantes de galego no concello, e o que é peor, que non se cumpre coa Lei de Normalización Lingüística, nun concello que ten a dubidosa honra de ter como responsábel máximo da política lingüística que se fai en Galiza a un veciño da Estrada. Xa se sabe, na casa do ferreiro coitelo de pau.

O BNG da Estrada fai súas as denuncias da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización da Lingua, que recentemente fixeron público o seu malestar por non rematar o proceso selectivo para cubrir a praza de normalizador, valeira como deixemos, a pesar de que se iniciaron os trámites en outubro pasado.

Desde aquela nada se sabe, e desde o grupo municipal do BNG, instamos ao alcalde a rematar o proceso selectivo e cubrir a praza de normalizador/a lingüístico do concello da Estrada, un requisito formal importante para acceder a axudas económicas por parte da Xunta e da Deputación, así como para ter dunha vez por todas unha política lingüística merecedora de tal nome e evitar os erros e os reiterados incumprimentos por parte do concello.

Advertisements