Non son erros de tradución, é a constatación de que o PP non ten asumida a defensa da nos a lingua


portada_misc19“Non é un erro de tradución da web de turismo, o problema é que o goberno do PP non ten asumido a defensa do noso idioma”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños, en resposta ao concelleiro de turismo, Óscar Rancaño.

Magariños explicou “que non estamos a falar de algo anecdótico, estamos a falar da revista Miscelánea, na que é habitual que apareza en castelán; estamos falar da faixa de “encuentro de grandes viajeros”; estamos a falar de sinais de tráfico… en definitiva, non son erros de tradución, é a constatación de que o PP non ten asumida a nosa lingua como algo natural, senón como algo burocrático, ao que non se lle dá a importancia que merece”. “È dicir, que por enriba de ser uns burócratas da lingua, son burócratas malos”, engadiu o concelleiro do BNG, en referencia ao grupo de goberno do PP.

O concelleiro nacionalista insta ao goberno do PP a “aparcar a súa fobia cara o noso idioma propio, e collan a bandeira da defensa e promoción do galego, cumprindo a ordenanza de normalización lingüística aprobada por unanimidade hai poucos meses”. “As ordenanzas están para cumprilas, non para meter nun caixón como fai o PP coas cousas que non lle interesan”, afirmou o concelleiro do BNG, Xosé Magariños.