Asina a ILP d’A Mesa, é de sentido común


sentidocomunO BNG da Estrada chama a participar na recollida de sinaturas para a iniciativa lexislativa d’A Mesa Normalización Lingüística “de medidas para a garantía dos dereitos lingüísticos no ámbito socioeconómico, que se realizará na Estrada o vindeiro domingo 21 de maio, coincidindo coa Festa do Salmón.

Con esta iniciativa lexislativa popular, para o que fan falta un mínimo de 10.000 sinaturas para que poida tramitar no Parlamento Galego, búscase igual trato e iguais dereitos para as persoas galego-falantes, concretamente que se garanta materialmente o exercicio do dereito á información e á atención en galego, nun ámbito tan básico como o socioeconómico. É dicir, para que todas as persoas que falan galego e queiran recibir recibir información comercial na nosa lingua, así como ser atendida en galego, que haxa formularios en galego, etc, poidan facelo e se vexan garantidos os seus dereitos. Ese é o obxectivo desta ILP e que o BNG comparte ao 100%.

Desde o BNG facemos un chamamento aos veciños e veciñas da Estrada para participen en asinen esta ILP, cuxa mesa de sinaturas estará disposta na Rúa Xusto Martínez da Estrada, entre as 11.30h, e as 13.30h do domingo 21 de maio.