O goberno de López é un goberno covarde que non dá a cara polas críticas recibidas


WhatsApp Image 2018-05-13 at 14.27.23A faixa colgada na fachada do concello leva unicamente o escudo da Estrada, do que se deduce que é organizador do evento “XIV Encuentro Grandes Viajeros”, e polo tanto o goberno do PP ten a obriga de utilizar o galego, consonte á ordenanza municipal aprobada por unanimidade hai poucas semanas, tamén cos votos favorábeis do grupo do PP.

Neste sentido, reiteramos que no artigo 26 de ordenanza dise explicitamente “o Concello de A Estrada fomentará a normalización do uso do galego nas actividades mercantís, publicitarias, asociativas, culturais, deportivas e calquera outra dentro do ámbito municipal”. Non hai lugar a dúbidas nin interpretación. Que o goberno do PP se parapete detrás dunha entidade para non dar a cara polas críticas recibida é de covardes e non é a primeira vez que sigue a mesma estratexia miserable.

Este comportamento por parte do goberno do PP demostra, como xa dixemos noutras ocasións, o pouco que lle importa a nosa lingua.

E no que atinxe á discriminación da muller tamén reiteramos que a crítica é ao goberno municipal, non á entidade co-organizadora. En reiteradas ocasións temos aprobado declaracións conxuntas na que o goberno municipal se comprometía a non discriminar á mulleres, e desde logo consideramos que a faixa que -insistimos- leva o escudo do concello, non ten en conta á mulleres viaxeiras, semella que só viaxan os homes. Utilizar a linguaxe inclusiva non custa nada.

O goberno do PP ten que se consecuente co que aproba, non son declaracións para a galería para quedar ben en momentos puntuais, son para poñer en práctica en todo momento.